Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2024 | Actualizada ás 19:54
Un home perdeu a vida na praia de Tanxil, no concello coruñés de Rianxo, tras ser rescatado da auga.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 17.00 horas deste xoves e foi un particular que o sacou da auga o que solicitou asistencia sanitaria urxente.
Ata o punto, desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago e a pesar dos esforzos por reanimalo só puideron confirmar a morte da persoa.
A central de emerxencias tamén alertou a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.