A comunidade rexistrou 58 falecementos, cun repunte notable na pesca e un incremento da sinistralidade grave entre as mulleres
  comenta   0
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitiu un comunicado no que lembra a carreira desta actriz e mostra o seu agarimo a familiares e amigos.
  comenta   0
A maior parte dos nacementos corresponden a nais na franxa de 35 a 39 anos (3.638); de 30 a 34 anos (3.534) e de 25 a 29 anos (1.666), segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
  comenta   0
O informe do Ministerio tamén achega datos sobre as causas de morte. As principais en Galicia seguen sendo, igual que en toda España, o cancro e as enfermidades do corazón
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse no paseo marítimo de Santo Tomé sobre as 16.30 horas deste venres cando un particular alertou do suceso.
  comenta   0
Segundo informou a Garda Civil, o suceso produciuse sobre as 14.45 horas deste xoves na estrada CM-0398, no punto quilométrico 2,800.
As probas para detectar estas patoloxías, causantes do 20 por cento dos falecementos durante o primeiro mes de vida, relizaranse nas primeiras 24 horas tras o nacemento.
  comenta   0
Os meses con máis mortes por incendios ou explosións en vivendas na comunidade foron outubro (catro vítimas) e setembro (tres vítimas). A franxa horaria máis tráxica foi a comprendida entre as 20.00 horas e as 8.00 horas (11 falecidos).
  comenta   0
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 00.32 horas á altura do punto quilométrico 21,100 da LU-546 (Nadela-Monforte).
O recén actualizado Inungal admite que a zona costeira de Galicia atópase moi urbanizada e, non en poucos casos, as construcións enturbaron os leitos dos ríos. Ademais, expón que aínda que as choivas sempre se caracterizaron pola súa mediana intensidade e persistencia no tempo, na última década constátase un incremento das cicloxéneses explosivas, con choivas e ventos moi fortes e de formación moi rápida.
  comenta   0
Galicia Confidencial analiza o datos de nacementos e falecementos nas grandes urbes do país. Ningunha delas tivo máis nacementos que defuncións entre 2000 e 2023. A lenta agonía pobacional tamén se instala nas urbes e non só no rural galego.
  comenta   2
Dende o Galicia Confidencial, aproveitando a recente publicación dos datos de natalidade e mortalidade oficiais do 2023 en cada concello galego, analizamos o duro futuro ao que se enfrontan os concellos de menos de 500 veciños.
  comenta   0
Once persoas faleceron en accidentes de tráfico rexistrados no conxunto de España esta fin de semana en nove sinistros mortais, entre os que figuran dous motoristas e un ciclista, segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DGT). No que vai de ano, foron 871 persoas as que perderon a vida nas estradas españolas.
  comenta   0
Cardiólogos, representantes da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), a Fundación Española do Corazón (FEC) e eurodeputados españois solicitaron este venres a creación dunha Estratexia Europea de Saúde Cardiovascular que dea prioridade á prevención das enfermidades cardiovasculares, antes que ao seu tratamento.
  comenta   0
Este 2023, as queixas sanitarias céntranse na falta de pediatras e nas listas de espera para probas e intervencións. Tamén se manteñen as queixas polas listas de espera en residencias e as valoracións de discapacidades.
  comenta   0
O último reporte da OMS fala de que só na República Democrática do Congo rexistráronse 7.851 casos, o 66 % deles en menores de 15 anos, e 384 mortes entre o 1 de xaneiro e o 26 de maio deste ano 2024. O investigador do CSIC conta ao GC as claves sobre este virus e reflexiona sobre o futuro.
  comenta   0
O maior incremento produciuse en agosto con 50,6 millóns de movementos e, en xullo, foron 47,2 millóns. O día con maior número de desprazamentos foi o venres 11 de agosto, con 1,8 millóns
  comenta   1
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 19.00 horas nunha granxa do lugar de Lamas, na parroquia de Trabancas.
  comenta   0
A mortalidade crece en Galicia un 2,58% ata xullo con 20.195 defuncións. Os nacementos retroceden máis de 3 puntos e quedan en 6.593.
  comenta   0
"Ninguén dá a cara para ofrecer explicacións públicas e detalladas sobre o acontecido, mentres as dúbidas e as preguntas amontóanse á espera de respostas que só chegan de maneira parcial e ambigua a través de comunicados nos que o goberno local dedícase a sacudirse de enriba a súa responsabilidade", lamentou.
Así o sinalou o seu presidente, Cristian González, quen subliñou que xa a finais de xuño eles pediron os permisos necesarios para realizar a festa, que lle foron concedidos. Cada aparello ten que enviar o seu propio papelorio, entre o cal se atopa o proxecto da atracción, o seu manual de funcionamento e o seu libro de operacións.
Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, asegura que tanto o dono da atracción como a comisión de festas tiveron notificación escrita da "falta de autorización" por non atender os requirimentos de documentación.
Segundo o Ministerio de Sanidad, a maior parte das mortes tiveron lugar na última semana do mes, cando máis se intensificou a vaga de calor.
  comenta   0
Trátase de Diley Albuerne González, de 78 anos. A leira na que foi atopada sitúase fóra do centro urbano de Cambados, a algo máis de 2 quilómetros da estación de autobús na que se lle perdeu a pista.
  comenta   0
O Goberno enviará un avión para repatriar os sobreviventes. Hai dous mortos e dous desaparecidos de Galicia. Foron recuperados xa nove cadáveres tras o naufraxio do 'Argos Georgia', dous deles son de Vigo e Baiona. Dos desaparecidos, un é de Ribeira e o outro de Noia.
  comenta   0
En 2023 cifráronse en máis de 8 millóns as mortes prematuras por exposición a contaminantes atmosféricos e cada ano falecen prematuramente en España 25.000 persoas por enfermidades asociadas á mala calidade do aire, segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente.
  comenta   0
Son datos da Axencia Europea do Medio Ambiente que nos traslada a catedrática de Toxicoloxía e profesora da USC María Julia Melgar Riol, que tamén apunta a que "en 2023 houbo máis de 8 millóns de mortes prematuras por exposición a contaminantes atmosféricos".
  comenta   0