Continúa o deserto poboacional en Galica: segue disparada a mortalidade e nacen menos crianzas

A mortalidade crece en Galicia un 2,58% ata xullo con 20.195 defuncións. Os nacementos retroceden máis de 3 puntos e quedan en 6.593.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2024 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Galicia continúa o camiño cara o deserto poboacional. A mortalidade creceu en Galicia no que vai dun ano un 2,58% ata alcanzar as 20.195 defuncións a finais de xullo, período no que sumou 6.593 nacementos, un 3,15% menos que o ano anterior.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este xoves o número de defuncións ata a semana 31 do ano, na que Galicia sumou 587 mortes polas 535 do mesmo período de 2023. En canto aos alumeamentos, Galicia rexistrou 1.093 na semana analizada, que eleva a 6.593 o total do ano, o que supón un incremento do 3,15%.

MENOS DEFUNCIÓNS EN ANDALUCÍA E COMUNITAT VALENCIANA

Por comunidades, Navarra foi na que máis aumentou a mortalidade respecto ao mesmo período de 2023, un 7,7% máis, seguida de Castela e León (+7,5%). Pola súa banda, Andalucía e Comunitat Valenciana recortaron os falecementos respecto ao acumulado ata o mes de xullo do ano anterior, un 2% e un 1,7%, respectivamente.

Arquivo - Sombra dunha muller e dúas cruces no cemiterio de San Amaro, a 21 de outubro de 2021, A Coruña, Galicia, (España). A historia do Cemiterio de San Amaro empeza no ano 1812, o que o converte no cemiterio máis antigo da Coruña. C. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Sombra dunha muller e dúas cruces no cemiterio de San Amaro, a 21 de outubro de 2021, A Coruña, Galicia, (España). A historia do Cemiterio de San Amaro empeza no ano 1812, o que o converte no cemiterio máis antigo da Coruña. C. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta