Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2024 | Actualizada ás 14:38
A Xunta aprobou que o vindeiro luns 2 de decembro arrinquen os cribados para detectar cardiopatías congénitas en "todos" os bebés nados no Servizo Galego de Saúde (Sergas). As probas para detectar estas patoloxías, causantes do 20 por cento dos falecementos durante o primeiro mes de vida, relizaranse nas primeiras 24 horas tras o nacemento.
Faranse a "todos" os bebés nados no Servizo Galego de Saúde (Sergas). "E instaremos tamén a que se faga na privada", engadiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do seu gabinete. O mandatario autonómico aproveitou para reivinidcar que Galicia conta cunha carteira de 37 cribados neonatales, "por enriba" dos marcados como obrigatorios no Sistema Nacional de Saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.