Galicia, segunda maior taxa de falecidos en incendios en vivendas no 2023, a maioría en meses de frío: 16 persoas

Os meses con máis mortes por incendios ou explosións en vivendas na comunidade foron outubro (catro vítimas) e setembro (tres vítimas). A franxa horaria máis tráxica foi a comprendida entre as 20.00 horas e as 8.00 horas (11 falecidos).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2024 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Un total de 16 persoas (sete homes e noves mulleres) faleceron en incendios en vivendas en Galicia no 2023, o que arroxa unha taxa de 5,93 mortes por cada millón de habitantes, a segunda maior de España, só superada por Estremadura. Estas 16 vítimas mortais son tres máis que as 13 que houbo en 2022. Supón un crecemento exponencial respecto dos só tres falecidos que houbo en Galicia por este motivo en 2018.

Os meses con máis mortes por incendios ou explosións en vivendas na comunidade foron outubro (catro vítimas) e setembro (tres vítimas). A franxa horaria máis tráxica foi a comprendida entre as 20.00 horas e as 8.00 horas (11 falecidos). Estas son algunhas das conclusións do informe 'Vítimas de Incendios en España en 2023', presentado por Fundación Mapfre e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB). Remarcan que "estes datos deben valorarse con extrema cautela, posto que nas comunidades con menos poboación un mínimo cambio no número de falecidos pode alterar de modo substancial as taxas das poboacións e posición entre as comunidades".

DATOS DE ESPAÑA

Un total de 249 persoas perderon a vida en incendios ou explosións en 2023, a cifra máis alta desde 2010. Un ano máis, os maiores de 64 anos volveron a ser o grupo de maior risco, co 43,8 % do total de vítimas mortais, porcentaxe que se eleva ao 49,1 % no caso dos incendios en vivendas. O informe presentado este luns recolle datos sobre os 131.500 lumes ou explosións que se produciron durante o ano pasado e que afectaron a 28.312 edificacións, 18.512 das cales foron vivendas, segundo as súas estimacións. Segundo o texto, o incremento de falecidos por incendio fixo que España perdese algúns postos a nivel mundial, aínda que aínda segue manténdose entre os países de Europa con menos taxas poboacionais de mortes por estes sucesos. En total, rexistra catro falecementos por millón de habitantes.

Un furgón de bombeiros nas inmediacións dun piso incendiado onde faleceu un mozo ao precipitarse por unha xanela, a 25 de xullo de 2024, en Lugo
Un furgón de bombeiros nas inmediacións dun piso incendiado onde faleceu un mozo ao precipitarse por unha xanela, a 25 de xullo de 2024, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

As vítimas máis comúns foron homes maiores de 64 anos que viven sós nas súas casas. De maneira detallada, a investigación expuso que 173 dos falecidos morreu en casa, tres menos que que en 2022, e que o 59 % do total foron homes. Así mesmo, o estudo incide en que o risco de morrer nun incendio se multiclipa por tres en persoas que viven soas. Un total de 150 dos falecidos perdeu a vida entre xaneiro e marzo e entre outubro e decembro, 99 en vivendas. Os peores meses foron xaneiro, febreiro e marzo, cun total de 56 mortos. De acordo con MAPFRE e a APTB, isto deixa claro que a mortalidade por incendio está directamente relacionada coas baixas temperaturas e o uso de sistemas de calefacción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta