Morre un madrileño de 75 anos atropelado en Vilagarcía de Arousa cando tentaba cruzar co semáforo en vermello

O atropelo aconteceu na PO-548, á altura do número 78, na recta de Carril, fronte ao parque Compostela.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/07/2024 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Un home de 75 anos, veciño de Madrid, morreu na mañá deste domingo ao ser atropelado por un coche en Vilagarcía de Arousa cando tentaba cruzar un paso de peóns co semáforo en vermello. Segundo informe o 112 Galicia, sobre as 11.40 horas chamaba unha persoa para alertar deste atropelo na PO-548, á altura do número 78, na recta de Carril. Indicaba que a persoa estaba ferida de consideración, pero totalmente accesible.

Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061
Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 | Fonte: 061 - Arquivo

Seguidamente, o 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, que derivou ao lugar a un helicóptero medicalizado con base en Santiago. Un médico que pasaba polo lugar en moto tentou reanimalo sen éxito. Ao intre, os profesionais desprazados ata alí non puideron facer nada por salvarlle a vida e só certificaron o seu falecemento. Tamén acudiron ao momento os bombeiros de Vilagarcía, a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.

De acordo con información do Concello, en base ás pescudas da Policía Local, o home trataría de cruzar a rúa en vermello: "Mirou ao carón pero non ao outro, coa mala fortuna de que un vehículo o atropelou". Unha muller que saíu dunha das casas que están na leira de Artime, fronte ao parque de Compostela, recoñeceu ao accidentado como o seu esposo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta