Falece Eladio Osorio, alcalde socialista de Castro Caldelas durante 24 anos

Faleceu este mércores aos 82 anos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/01/2025 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Eladio Osorio Castro, que foi alcalde socialista da localidade ourensá de Castro Caldelas, faleceu este mércores aos 82 anos. Os socialistas ourensáns mostraron a súa "profunda dor" tras coñecerse o falecemento do rexedor do municipio entre 1987 e 1996 e de 1999 a 2014. Ademais, foi concelleiro do municipio desde 1983.

Así mesmo, o PSOE provincial destacou o "compromiso" de Eladio Osorio con Castro Caldelas e co partido durante os anos que estivo á fronte do consistorio e tamén posteriormente. "Fóisenos unha persoa exemplar e excelente, sempre entregada ao partido e ao benestar dos veciños", lamentaron os socialistas nun comunicado no que afirman que "permanece para sempre o legado do seu traballo e compromiso político".

Eladio Osorio, alcalde socialista de Castro Caldelas durante 24 anos
Eladio Osorio, alcalde socialista de Castro Caldelas durante 24 anos | Fonte: PSdeG-PSOE de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta