Falece o actor galego Xabier Deive

O actor faleceu con 54 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2024 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O actor galego Xabier Deive, coñecido pola súa participación en series como Matalobos ou Aguila Roja, faleceu aos 54 anos de idade, tal e como deu a coñecer o seu representante, Alejandro Albaiceta.

Nacido en Narón en 1970, o intérprete galego contaba cunha ampla traxectoria en televisión, cinema e teatro, coa súa participación en títulos como 'Matalobos', 'O Faro', 'Serra Moura' ou 'Mareas Vivas', a nivel galego, ou 'El Ministerio del Tiempo' ou 'Águila Roja', a nivel nacional.

Tras coñecer a noticia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitiu un comunicado no que traslada aos seus seres queridos "todo o agarimo e o apoio nestes momentos", á vez que lembra "a calidade humana" de Xabier Deive, "un compañeiro querido e respectado tanto polo público como pola profesión".

"O seu traballo no teatro e no audiovisual, ámbitos nos que legou mostras incontestables do seu talento artístico, deixa testemuño dunha forma de entender, exercer e vivir o noso oficio, que a AAAG quere recoñecer como exemplo para todos e todas", recolle o comunicado.

A asociación, así mesmo, agradece o labor que Deive desenvolveu nesta entidade, da que foi presidente entre 2019 e 2021, ademais de participar en diversas xuntas directivas.

O actor galego Xabier Deive.. AAAG
O actor galego Xabier Deive.. AAAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta