Axudas de máis dun millón para mariscadores sen actividade

O Goberno galego abrirá unha nova liña de axudas de 1,2 millóns de euros destinada a mariscadores, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, por suspensión de actividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2024 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

O Goberno galego abrirá unha nova liña de axudas de 1,2 millóns de euros destinada a mariscadores (cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo) por suspensión de actividade. En concreto, estes apoios están dirixidos a profesionais do marisqueo a pé das confrarías de Cariño, Noia, Rianxo, Vilanova de Arousa, Redondela, Arcade, Vilaboa, Lourizán, Raxó, Pontevedra, Carril e a Asociación de Mariscadoras de Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Están destinadas a titulares de permisos de explotación de marisqueo a pé que participen en plans de xestión nos que se implantou no primeiro semestre de 2024 unha veda temporal que supuxo unha suspensión de actividade marisqueira. Os beneficiarios deben contar cunha actividade extractiva de, polo menos, 120 días de actividade durante os anos 2022 e 2023, ademais de non ser receptores doutras ayuds ou prestacións como cesamento de actividade, así como non poder atoparse en estado de incapacidade temporal.

OUTROS ACORDOS

Unha mariscadora colle unha cría de ameixa na enseada de San Simón cando hai queixa dos mariscadores por baixa producion
Unha mariscadora colle unha cría de ameixa na enseada de San Simón cando hai queixa dos mariscadores por baixa producion | Fonte: Adrián Irago - Arquivo

Por outra banda, o Consello de Xunta deu luz verde ao novo paquete de axudas por 5 millóns de euros para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais. Noutra orde de cousas, a Xunta destinará 1,7 millóns á próxima convocatoria de axudas (2025-2026) para a promoción do viño galego en terceiros países, que se publicará no Diario Oficial de Galicia o 13 de agosto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta