A programación da XII edición deste festival internacional, único evento no noroeste peninsular dedicado a este instrumento, regresará este ano aos espazos máis emblemáticos da localidade coruñesa.
  comenta   0
Trátase do cruceiro de Eiroa, un dos grandes exemplos da cantería tradicional de finais do século XIX.
Un documento inédito lembra unha intervención que o político tivo durante unha visita que o colectivo Ultreya fixo a Noia.
  comenta   1
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembrou que todos os días do ano necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir adecuadamente as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios.
  comenta   0
En Froxán, unha pequena aldea do concello de Lousame, xa hai 11 veciños que realizan os seus desprazamentos en coche compartido e eléctrico: un MG ZS EV (Standard Range). Cando teñen que ir facer a compra a Noia ou levar ás crianzas a actividades extraescolares, apuntan as horas que precisan dispor do vehículo nun calendario online e xa poden empregalo.
  comenta   0
O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 quilómetros que comezan no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finaliza no tramo Martelo-Noia.
  comenta   0
Hoxe lembramos o tempo no que o río Sar non só anegaba o casco urbano de Padrón, senón tamén as terras da veiga do seu termo municipal e do de Rois, como aconteceu nas inundacións catastróficas dos anos 1977, 1978, 1987 e 1989. A máis grande que se recorda foi, sen dúbidas, a de 1987, cando as barcas podían cruzar navegando polas rúas do casco histórico da vila.
  comenta   0
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, avanzou este luns que os demandantes de emprego deberán asinar un acordo polo que se comprometen a ter unha procura activa de emprego, o que inclúe "non rexeitar traballos que se adaptan ao seu perfil" nin tampouco cursos formativos.
  comenta   0
Houbo un tempo no que as borrascas non tiñan nome, pero causaban aínda máis estragos que cando llo puxeron. Dende o GC facemos un repaso polos maiores alagamentos en vilas galegas.
  comenta   0
Advirten de que "corre o risco de sufrir unha falta catastrófica con consecuencias difíciles de predicir para a ría de Muros e Noia e o estuario do Tambre, zona da Rede Natura 2000, que está a tan só sete quilómetros augas abaixo das instalacións", con vertidos duns 50.000 litros por hora.
  comenta   0
Asegura que mantén a súa vontade de axilizar a integración destas unidades no Sergas. A Federación trasladou que o compromiso da Xunta de integrar as unidades de atención á drogodependencia (UAD) ten un reflexo de "cero euros" nos orzamentos autonómicos de 2025.
  comenta   0
Baixo o lema 'Teletransporte contra a discriminación', o obxectivo principal da campaña é esixir que "ata que o teletransporte sexa viable, polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade".
O estudo expón as fusións, simuladas desde o punto de vista económico, de Santiago e Teo, Noia e Lousame, Sanxenxo e Meaño, Alfoz e O Valadouro, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín.
  comenta   1
Axentes da Garda Civil atoparon a droga mentres investigaban un coche sen ITV. O condutor tentou ocultar o seu rostro ao ser abordado.
  comenta   0
O Goberno galego abrirá unha nova liña de axudas de 1,2 millóns de euros destinada a mariscadores, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, por suspensión de actividade.
  comenta   0
Bufóns, pallasos e carros de leprosos animaron as rúas, creando un ambiente festivo e interactivo.
  comenta   0
Interesante artigo do historiador Xosé Estévez que lembra o intento de instalación de fábricas de celulosas en diferentes localidades de Galicia a mediados dos anos 70. Concretamente detállase a oposición popular que presentaron as vilas de Quiroga e Ribas de Sil.
Liliana Solís, bióloga da Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia, explica que nestes momentos a situación dos bancos marisqueiros de Noia "non é boa", especialmente no que respecta á ameixa fina.
  comenta   0
Axentes do equipo Roca de Santiago de Compostela, en colaboración con varias unidades da Garda Civil, explican que este grupo "atopábase perfectamente estructurado e xerarquizado".
  comenta   0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará en próximos días a orde de axudas destinadas a compensar ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros de Lombos do Ulla, Bohído e Cabío, na ría de Arousa, Noia, e de Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín, na ría de Pontevedra, así como os profesionais da actividade 'percebeira' de Bueu.
  comenta   0
Trátase da DP-7402, un tramo de 2,6 quilómetros de estrada situado no concello de Rois e que enlaza coa AG-56. Na zona hai máis dunha ducia de granxas que precisan que camións e tractores transiten por esta pista a diario, cos perigos que iso supón. Agora mesmo estanse levando a cabo os procesos de expropiación pertinentes e o seguinte paso sería a licitación.
  comenta   0
O seu nome provén da forma da súa flor, con tres pétalos brancos rematados en punta, que recordan ás orellas dos gatos. Como conta a Galicia Confidencial o investigador Jonatan Rodríguez nunha nova entrega da serie de especies invasoras, é todo un enigma, pois "nun principio as flores que aparecen en Galicia poderían ter a posibilidade de ser polinizadas e producir froitos, pero nunca se viu ningún froito con sementes, todas abortan".
  comenta   0
Aínda que o máis visual do traballo de Salvamento son os medios técnicos, detrás deles hai unha liña de traballadores que están monitoreando continuamente o que acontece no mar e que son os que evalúan cada situación e mandan os medios correspondentes para facerlle fronte.
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, un particular alertou á central de emerxencias ás 11.15 horas de que un coche envorcara no quilómetro 66 da estrada AC-550, á altura da parroquia de Tarás.
  comenta   0
María García namorouse deste oficio cando comezou a ir co seu pai ao mar. Quince anos estivo combinando o ser educadora infantil polas tardes con saír a rastrexar pola mañá. A pesares de que a súa profesión segue monopolizada por homes, di que "sempre me axudaron moito en todo o que necesitei e nunca me sentín discriminada". O Galicia Confidencial achégavos a historia desta muller loitadora.
  comenta   0
En cinco días esborrallou unha ponte en Ourense, derrubouse parte dunha infraestrutura aberta hai menos dun ano na Coruña e un desprendemento pechou outra estrada en Ourense. A Xunta está utilizando fondos da UE para o cambio climático para tentar arranxar os derrubes nas estradas mentres apunta a motivos exóxenos a maior parte dos colapsos.
  comenta   0
O accidente produciuse ás 17,10 horas deste luns no quilómetro 2 da estrada DP-1105, na parroquia de Tállara.
  comenta   0