Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2024 | Actualizada ás 19:57
Os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron este domingo a colaborar nos labores de evacuación dunha persoa con mobilidade reducida na rúa Frei Lois Rodríguez no concello de Noia. Segundo informaron os servizos de emerxencias, o persoal sanitario necesitaba a colaboración dos bombeiros para proceder ao traslado do paciente ata a ambulancia.
Ao parecer, a persoa que estaba a ser atendida polos servizos sanitarios da PAC de Noia e do 061 no cuarto piso da vivenda necesitaba ser evacuada cunha padiola de rescate ao ter mobilidade reducida.
Para proceder á evacuación houbo que desmontar unha porta e desprazar mobiliario para facer espazo e que puidese pasar á padiola. Unha vez inmobilizado, o paciente foi evacuado polas escaleiras comunitarias ata a ambulancia. En total, colaboraron na evacuación tres bombeiros, dous efectivos do GES de Noia, tres persoas da ambulancia do 061 e un policía local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.