Máis de 500 médicos galegos "aínda non saben onde van traballar o próximo mes"

O sindicaro O'Mega demandou executar o concurso de traslados de médicos. Afirma que "o atraso na execución destes traslados de médicos que xa viron aprobada a súa solicitude de cambio de praza suporá uns prexuízos inaceptables para centenares de facultativos que xa planificaran o seu cambio de praza, en moitos casos para outra localidade, para este mesmo ano".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2024 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O sindicaro O'Mega demandou executar o concurso de traslados de médicos, ao existir, afirma, "máis de 500 médicos do Sergas que aínda non saben onde van traballar o próximo mes". "Un total de 321 médicos de atención hospitalaria solicitaron este ano o traslado a outro centro sanitario e o mesmo fixeron 400 facultativos de Atención Primaria e 15 que prestan servizo no 061", sinala nun comunicado.

"A maioría dos médicos de hospital e máis da metade dos de Atención Primaria que solicitaron o traslado conseguírono e todos eles deberían incorporarse aos seus novos destinos durante o último trimestre deste ano pero, durante a última reunión da Mesa Sectorial, o Sergas informou os sindicatos que atrasará o traslado de moitos deles ata o próximo ano".

O'Mega afirma que "o atraso na execución destes traslados de médicos que xa viron aprobada a súa solicitude de cambio de praza suporá uns prexuízos inaceptables para centenares de facultativos que xa planificaran o seu cambio de praza, en moitos casos para outra localidade, para este mesmo ano". O sindicato expresa o seu apoio ás reivindicacións dos médicos afectados e apela á unidade sindical para reverter a situación.

Médico consulta un historial clínico
Médico consulta un historial clínico | Fonte: Consalud.es - Arquivo

O SERGAS ASEGURA QUE RESOLVERÁ O CONCURSO ESTE MESMO MES

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) resolverá "o concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ciclo do 2024 neste mes de novembro". Así o informa despois de que o sindicato O'Mega demandase a súa execución e denunciase un atraso, ademais de aludir á repercusión en médicos. "Dita información xa se lles trasladou ás organizacións sindicais na mesa sectorial do día 7 deste mes", apostila o Sergas en resposta ás críticas do sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta