Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/08/2024 | Actualizada ás 12:22
Os corpos dos tres mariñeiros galegos falecidos no naufraxio do 'Argos Georgia' chegarán á Comunidade o vindeiro luns, segundo informaron familiares das vítimas a Europa Press. En concreto, espérase que os cadáveres aterren na Coruña a partir das 17.00 horas, nun voo procedente de Reino Unido con escala en Madrid.
Por agora, descoñécese se as autoridades españolas levarán a cabo algún tipo de acto ou recibimento, como foi no caso do afundimento do pesqueiro 'Villa de Pitanxo', cando o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se desprazou a Santiago para recibir ao tres sobreviventes e aos corpos dos falecidos.
Todo iso despois de que o pesqueiro 'Argos Georgia' naufragase fronte ás Illas Malvinas o pasado 23 de xullo, saldándose esta catástrofe con nove falecidos, 14 sobreviventes e catro desaparecidos. Entre estes, catro das persoas que salvaron a súa vida eran galegos, mentres que un continúa desaparecido e tres dos corpos rescatados residían na Comunidade. Precisamente os restos mortais deste tres persoas; veciños de Vigo, Baiona e Noia; chegarán a Galicia o luns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.