Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/11/2024 | Actualizada ás 14:55
Unha condutora tivo que ser excarcerada este xoves tras sufrir un accidente no municipio de Montederramo, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O sinistro produciuse pasadas as 9.00 horas, no quilómetro 36 da OU-536, na zona de Seoane Vello. Un particular alertou a Emerxencias, e informou de que a condutora estaba ferida leve, pero quedara atrapada no coche. O 112 deu aviso ao 061, ao GES de Castro Caldelas, á Garda Civil de Tráfico e a operarios de mantemento da vía. Os equipos de Emerxencias excarceraron á muller, que foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.