Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2024 | Actualizada ás 14:49
Un home resultou ferido en Noia tras ser atropelado, na rúa da República Arxentina, pasadas as 9.15 horas deste mércores. Os servizos sanitarios alertaron ao 112 Galicia de que un home acababa de ser atropelado, con lesións en ambas as pernas, pero que estivo liberado e accesible en todo momento. O 112 Galicia activou un operativo para o que se solicitou a colaboración do GES e da Policía Local de Noia. Ao mesmo tempo, 061 enviou ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Unha vez no punto, os equipos de emerxencias confirmaron que o home estaba consciente. Finalmente, foi trasladado ao hospital de referencia con lesións en ambas as pernas e un golpe na cabeza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.