O Sergas publica o baremo definitivo do concurso e os seleccionados como persoal estatutario fixo de enfermeiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2024 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves as puntuacións definitivas da fase de concurso e as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a categoría de enfermaría. Ofértanse un total de 1.556 prazas de enfermeiro, das cales 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 á de promoción interna e 89 á quenda de discapacidade xeral.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, as prazas non cubertas mediante as quendas de promoción interna e de discapacidade xeral, acumularanse á quenda libre. Ás prazas ofertadas polo sistema de concurso-oposición, súmanse as 459 do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, un procedemento que foi resolto en novembro de 2023.

Sumando a totalidade das prazas resultan un total de 2.015 novos postos de enfermeiro que se estabilizarán no Sistema Público de Saúde de Galicia. As puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo están publicadas na páxina web do Sergas.

Ademais, cada aspirante poderá consultar o detalle da puntuación obtida nos diferentes epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. A media de idade das persoas seleccionadas neste proceso selectivo é de 42 anos e o 89% son mulleres.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Desta forma, coa publicación desta resolución ábrese un prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para que os aspirantes presenten a documentación requirida. Os aspirantes que accederon pola quenda de discapacidade xeral, de ser o caso, deberán presentar ademais a documentación que acredite que seguen mantendo esa condición.

BAREMO PROVISIONAL DE 15 CATEGORÍAS

Noutra orde de asuntos, o DOG recolleu a resolución coas puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso en 15 categorías de persoal estatutario. Ofértanse un total de 924 prazas en diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario, sanitario non licenciado e de xestión e servizos.

Concentración de integrantes de enfermeiros e enfermeiras / SATSE / Europa Press
Concentración de integrantes de enfermeiros e enfermeiras / SATSE / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta