Un camión emborca na AP-9 tras rebentarlle unha roda

Provocou moita retención a saída de Santiago dirección A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2025 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Un accidente dun camión na AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela deixou un ferido e retencións na vía despois de que a carga do vehículo profesional queda esparexida pola estrada.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 15,00 horas deste venres no quilómetro 58 da Autoestrada do Atlántico. O camión sufriu un rebentón e terminou envorcado sobre a vía, na que quedaron esparexidas polos dous carrís as ferramentas e elementos metálicos que transportaba.

Ademais, produciuse un ferido que tivo que ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061. O incidente provocou retencións mentres os dous carrís dun sentido da autoestrada foron limpados, tarefas que se demoraron debido á numerosa carga que quedou repartida pola calzada.

Aparatoso accidente dun camión
Aparatoso accidente dun camión | Fonte: Inés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta