Non era a primeira vez que tiña que asistir a unha cea de negocios. Sempre eran con xente cativa pero estes comensais eran excepcionalmente noxentos. Había políticos e empresarios. Donos de empresas importantes relacionadas coa enerxía , coa banca ,cos medios de comunicación …
  comenta   0
"Hai moita diferenza disto a traballar nunha fábrica e ser esclavo, no meu caso tendo que desprazarme ademais, sumándolle ás oito horas de traballo unha hora máis entre ir e volver, facendo fins de semana e sen tempo para vivir porque sempre estás cansado", conta este mozo vilagarcián ao Galicia Confidencial. "Este traballo agora proporcióname unha calidade de vida moi boa", celebra.
  comenta   0
O GC continúa percorrendo a ría de Arousa para radiografiar a situación do marisqueo a pé. "Se seguimos así, igual temos que mirar de abrir un mercado na nosa casa para poder seguir vendendo", entre os baixos prezos, a falta de axudas e a escaseza do marisco, lamenta José Gómez Figueira, da agrupación de marisqueo a pé de Vilaxoán.
  comenta   0
Así o sinalaron este mércores nunha rolda de prensa na que lembraron que, en outubro do pasado ano, tiveron "unha riada" que a propia Xunta "cualificou de catastrófica".
  comenta   0
Esta renovación contemplará unha proposta de intervención comunitaria dirixida a colectivos de mulleres con maior risco de padecer estas patoloxías, entre eles as mariscadoras, as labregas, as monitoras deportivas e as cantantes
  comenta   0
O portavoz do colectivo de mariscadores da ría do Burgo, Manuel Baldomir, mostrou a sensación "agridoce" que lles deixou unha nova reunión sobre as axudas pendentes mentres non poden faenar.
"Estamos a esperar a que a Xunta nos diga que é o que vai facer e que é o que nós podemos achegar, é a autoridade con competencias", apostilou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, ao ser preguntada polas demandas do colectivo.
O Goberno galego abrirá unha nova liña de axudas de 1,2 millóns de euros destinada a mariscadores, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, por suspensión de actividade.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial e da man da asociación Amar Carril explicámosvos o difícil que é que unha ameixa chegue viva á súa madurez con todos os perigos que a axexan dentro e fóra do mar.
  comenta   0
Esixen de novo ao Executivo central e á Xunta "unha saída laboral aos traballadores" que vivían do marisqueo na ría do Burgo unha vez finalizadas as obras de dragado. Ademais, convocaron unha nova reunión "a tres bandas" o vindeiro martes, día 30.
Desde 2010 rexeneráronse máis de 10 millóns de metros cadrados e as entidades levan sementadas case 277 millóns de unidades de ameixa..
  comenta   0
"A día de hoxe o noso principal recurso é a navalla, que a temos pechada por toxina, e esperemos que para a semana podamos saír a traballar", explicou o patrón maior da confraría Santiago Apóstolo de Barallobre, Jorge López, antes de engadir que hai mariscadores á boia e a pé, "que están mal sobrevivindo".
  comenta   0
Mariscadoras da zona reforzan a vixilancia dos seus bancos marisqueiros para salvagardar o produto.
  comenta   0
Busca tamén reforzar a obrigación de comunicalas pola canle establecida para poder confirmar a orixe laboral da enfermidade desde o primeiro momento da atención sanitaria.
  comenta   0
A Consellaría do Mar prevee publicar no mes de xuño tres liñas de axudas, dada a gran mortalidade do marisco nas rías provocado por fortes choivas o pasado outono.
  comenta   0
Ao Estado pídenlle a exención de cotas da Seguridade Social para todos os mariscadores. Á Xunta demándanlle axudas directas a todos os mariscadores compatibles coa rexeneración e axudas a toda a cadea do sector do mexillón polas perdas de 2022 e 2023, entre outras cousas.
  comenta   0
Pediulle á Xunta que "asuma" as compensacións ao sector marisqueiro ou, en todo caso, que abra unha mesa de negociación co Goberno "para impulsar un novo convenio que blinde aos mariscadores".
Mariscadoras volvéronse a mobilizar este venres e para o 3 de maio convocaron un corte de tráfico na ponte da Pasaxe.