Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2024 | Actualizada ás 17:10
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración iniciou unha campaña de sensibilización para mellorar a identificación das enfermidades profesionais das mariscadoras e redeiras. O obxectivo, segundo explicou a Xunta, é que reciban a atención sanitaria adecuada e que sexa recoñecido este dereito de saúde laboral destes colectivos.
A acción, realizada mediante o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborárona e deseñaron por solicitude e en colaboración coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca). O que busca é mellorar o coñecemento sobre as enfermidades profesionais, as súas causas laborais e sobre a súa codificación, así como reforzar a obrigación de comunicala pola canle establecida para poder confirmar a orixe laboral da enfermidade desde o primeiro momento da atención sanitaria.
A campaña está dirixida a profesionais destes colectivos e inclúe a elaboración de dous documentos en soporte físico e tamén dixital, un para as redeiras e outro para as mariscadoras, co obxectivo de dar seguridade ás persoas destas actividades sobre os dereitos legalmente recoñecidos no ámbito das súas enfermidades profesionais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.