Que pasa co banco marisqueiro de Arcade?

Mariscadoras da zona reforzan a vixilancia dos seus bancos marisqueiros para salvagardar o produto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2024 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Os mariscadores de Acade reforzaron a vixilancia das diferentes zonas de marisqueo co obxectivo de preservar o produto e controlar a súa evolución. Todo iso, ante a "grave situación" que vive o colectivo derivada dunha "baixada brutal de produción" na ría e a "falta de ingresos" polas escasas recoleccións desde fai máis dun ano.

Tal e como explicaron nun comunicado, as mariscadoras crearon quendas de 10 profesionais que se distribuirán en horario de marea nas diferentes zonas evitando tamén a acción dos furtivos.

A medida foi adoptada despois da actividade das dúas últimas mareas nas que comprobaron a "escaseza ou nulidade" de marisco en zonas onde antes eran "grandes produtoras e xeradoras de moluscos".

Unha mariscadora colle unha cría de ameixa na enseada de San Simón cando hai queixa dos mariscadores por baixa producion
Unha mariscadora colle unha cría de ameixa na enseada de San Simón cando hai queixa dos mariscadores por baixa producion | Fonte: Adrián Irago - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta