O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a convocatoria de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira para o ano 2025, cun orzamento de 2,28 millóns de euros.
  comenta   0
A droga foi intervida no buque 'Cape Citius'. Os detidos pasarán este venres pola mañá a disposición xudicial.
O epidemiólogo e catedrático xubilado de Medicina Preventiva na USC asegura que "o que houbo nestas últimas semanas foron moitos catarros, que moitos poden confundir coa gripe, e infeccións por virus respiratorio sincitial (bronquitis e bronquiolitis), que acadaron o seu pico na semana 50".
  comenta   0
Baixas taxas de vacinación contra a gripe entre embarazadas (35,06%) e profesionais sanitarios (48,32%).
  comenta   0
A Policía Local de Vigo, en colaboración coa Policía Autonómica e os gardas rurais, identificou nos últimos días de 2024 a 13 mergulladores, no marco de operativos de control da actividade furtiva de marisqueo, e propuxo para sanción a tres deles.
A Garda Civil detivo a catro persoas en España e outras cinco en Portugal, no marco da operación Alpina-Rastreiro. Durante o operativo, practicáronse rexistros en varias localidades da provincia de Pontevedra.
  comenta   0
Despois de coñecer as concentracións de radón que pode haber en vivendas e en centros de traballo en función da antigüidade dos espazos e dos materiais cos que estean construídos, o GC fala coa investigadora Lucía Martín-Gisbert sobre os riscos deste gas para a saúde.
  comenta   1
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) comeza o seu dispositivo especial de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico este xoves 5 de decembro, ás 15.00 horas, e estará activo ata a medianoite do luns 9 de decembro.
  comenta   0
Este grupo, apuntou a Policía Nacional, actuou "perfectamente organizado", de maneira que mentres uns realizaban tarefas de distracción dos empregados e clientes, outro integrante do grupo aproveitaba para subtraer o maior número de xoias. Unha vez se fixeron co botín, saíron fuxindo á carreira.
  comenta   0
O responsable de CSIF Prisións Galicia, José Manuel Piñeiro, denunciou este martes o ataque na Lama, "a mans dun interno clasificado como FIES pola súa potencial radicalización islamita".
  comenta   0
O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
A inhalación deste gas é a primeira causa de cancro de pulmón en persoas non fumadoras e que é responsable de entre un 10 % e un 15 % dos casos totais de cancro de pulmón en Galicia, chegando a causar ata un 7 % das súas defuncións.
  comenta   0
A cifra, segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, reflicte un incremento do 13 % con respecto a finais de 2023, cando figuraban 3.959 persoas inscritas.
  comenta   0
Entre eles atópanse dez disfraces, catro máscaras e antefaces, nove coroas e diademas, nove xoguetes de distinto tipo (pistolas, faroliños, accesorios, etc.) e unha perruca.
  comenta   0
Cinco condutores foron investigados pola presunta comisión dun delito contra a seguridade viaria (condución temeraria) e nove enfrontan denuncias administrativas.
Recomendouse por primeira vez neste grupo de idade o pasado ano. En España, os nenos menores de 5 anos teñen a segunda taxa máis alta de hospitalización por gripe, só por detrás do grupo de idade de maiores de 65 anos.
  comenta   0
O operativo conxunto entre Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira contra o narcotráfico, que se desenvolveu este mércores na Coruña, O Salnés e Portugal, saldouse polo momento con case 20 detidos.
  comenta   0
O PSOE rexistrou unha iniciativa no Congreso coa que urxe a que as comunidades e cidades autónomas poñan unha maior vixilancia sobre a actividade irregular nos aloxamentos turísticos e a que lancen campañas informativas e de concienciación para desincentivar o seu uso.
  comenta   0
Hai uns días a prensa informábanos de que a Policía Local de Santiago de Compostela incorporaría 12 novos axentes, situando o seu número de efectivos en 120. Nunha cidade como Santiago 120 policías locais, son pouco ou son moitos?. Son os suficientes?.
  comenta   0