Cachan aos cinco integrantes dun grupo criminal que roubou 80.000 euros en xoias nunha tenda de Vilagarcía

Este grupo, apuntou a Policía Nacional, actuou "perfectamente organizado", de maneira que mentres uns realizaban tarefas de distracción dos empregados e clientes, outro integrante do grupo aproveitaba para subtraer o maior número de xoias. Unha vez se fixeron co botín, saíron fuxindo á carreira.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/12/2024 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Vilagarcía de Arousa aos cinco integrantes dun grupo criminal itinerante formado por catro homes e unha muller que o pasado 11 de novembro subtraeron da Xoiaría Rapariz desta localidade unha manta con cadeas de ouro valoradas en máis de 80.000 euros. Este grupo, apuntou a Policía, actuou "perfectamente organizado", de maneira que mentres uns realizaban tarefas de distracción dos empregados e clientes, outro integrante do grupo aproveitaba para subtraer o maior número de xoias. Unha vez se fixeron co botín, saíron fuxindo á carreira.

Grazas á rápida actuación dos integrantes do Grupo Local Operativo da Comisaría de Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa, conseguiuse identificar e localizar a dous dos seus integrantes en Santiago de Compostela, onde tras un dispositivo de vixilancia foron detidos. Os outros 3 integrantes do grupo criminal foron interceptados por unha patrulla de tráfico da Garda Civil e posteriormente detidos pola Policía Nacional da Comisaría de Ponferrada.

Xoiaría Rapariz, en Vilagarcía
Xoiaría Rapariz, en Vilagarcía | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta