Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2025 | Actualizada ás 11:04
Un accidente entre tres turismos obrigou a excarcerar a un home en Padrón, xa que permanecía atrapado no interior dun dos coches. O ferido, que conducía un dos vehículos, foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Segundo informou o 112 Galicia, foi ao redor das 22.15 horas cando un particular alertou do sinistro, rexistrado no quilómetro 1,5 da DP-3302, en Cruces (Padrón).
Deste xeito, os xestores do 112 pediron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Con todo, os Bombeiros encargáronse de liberar ao home, que foi atendido no punto e posteriormente trasladado ao centro hospitalario compostelán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.