A Intelixencia Artificial, a nova ferramenta para loitar contra os incendios

A Xunta introduce o uso da IA na plataforma tecnolóxica de loita contra os lumes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2025 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A Xunta promove o uso da intelixencia artificial para, entre outras cousas, a detección de incendios, a cartografía de pistas forestais ou a xestión das alertas ante lumes de especial gravidade e de última xeración.

Así o anunciou este xoves o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, durante a visita que realizou ao Centro de Coordinación Central de Galicia de Defensa contra os Incendios Forestais.

Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, as tecnoloxías que empregan intelixencia artificial están a introducirse para dar novo impulso aos sistemas de información de apoio na xestión en tempo real dos lumes en Galicia, "que xa son unha referencia tanto a nivel nacional como europeo".

Neste sentido, a administración autonómica optou polo desenvolvemento de sistemas específicos e adaptados ás necesidades do territorio "desde unha posición de vangarda". En concreto, o corazón do sistema e Xeocode 3.0 dispón de ata 16 aplicacións satélite que cobren todos os ámbitos de prevención e extinción de incendios.

Tal e como explicou o Goberno galego, estas aplicacións permiten a localización e seguimento dun extenso operativo composto por uns 20 avións de carga e helicópteros propios; 400 medios terrestres, como motobombas, cisternas ou maquinaria pesada; e máis de 7.000 persoas en períodos de alto risco.

Así, os técnicos que participan nun operativo dispoñen de información en tempo real sobre a xestión do lume no que participan a través de tablets e teléfonos móbiles. Estes utensilios permítenlle, ademais, dispor da información cartográfica, buscar topónimos, localizar por GPD os recursos asignados ou coñecer as mellores rutas de acceso.

O Centro de Coordinación ten acceso á Rede de Vixilancia do Espazo Forestais de Galicia, que está en proceso de ampliación con 12 novos centros. Esta rede permite manter monitoradas as zonas con maior risco e vixían máis do 85% do territorio galego.

Tamén se traballa avaliando simuladores que poidan axudar a prever a evolución dos incendios forestais en calquera punto da Comunidade en función das propiedades combustibles da masa forestal, das características do terreo e das condicións meteorolóxicas.

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, visita o Centro de Coordinación Central de Galicia de Defensa contra os Incendios Forestais.. XUNTA
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, visita o Centro de Coordinación Central de Galicia de Defensa contra os Incendios Forestais.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta