A Historia amosa que un dos parteaugas que separou as monarquías medievais dos modernos estados foi dotarse dun exército grande, centralizado e permanente. Xerou un gran medro do poder central, un aumento dos impostos como nunca e, có tempo, contribuíu a unha reximentación e reconfiguración social, particularmente visible na Francia.