O PSOE crítica ao BNG por reclamar carga de traballo para Navantia Ferrol e rexeitar o incremento en gasto militar

O secretario xeral na Coruña, Bernardo Fernández, acusa os nacionalistas de "contradición total e absoluta".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 18/03/2025 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG na Coruña, Bernardo Fernández, criticou ao BNG por reclamar carga de traballo para o estaleiro de Navantia Ferrol, dedicado á construción naval militar, e ao mesmo tempo rexeitar o incremento en gato militar en España, para poder chegar ao 2 % do PIB. "Queremos interpelar directamente á responsable do BNG", en alusión a Ana Pontón, "que cada vez que ten ocasión de achegarse a Ferrol reclama carga de traballo para o sector naval, pero ao mesmo tempo cando hai que mollarse, os seus deputados, pois din que non", afirmou Fernández.

O socialista censurou que "o propio BNG presente unha moción no Congreso dos deputados para rexeitar o incremento de gasto en defensa da Unión Europea", algo que cualificou de "totalmente inconcibible e contraditorio". "Non podemos pedir carga de traballo no sector naval de construción militar" e, por tanto, barcos de guerra e por outro "negarse a que se incremente o gasto", censurou. O socialista pronunciouse deste xeito este martes na sede do PSOE en Ferrol, onde estivo acompañado do secretario local desta cidade, Ángel Mato.

CONGRESO DOS DEPUTADOS

"Ou o señor Rego actua de forma individual no Congreso ou a señora Pontón terá que explicar por que se di unha cousa nun sitio e a contraria noutro", afirmou para asegurar que están "moi adoitados a este tipo de contradicións" no BNG. "Mentres pedimos que non se pechen as fábricas de fabricación de compoñentes eólicos, despois non queremos que se implante novos parques eólicos", censurou para asegurar que os nacionalistas tamén se opuñan á AP-9 tachando o trazado de "navallada" a Galicia. "Sería bo que o BNG teña claro cara onde quere que camiñen os sectores industriais en Galicia", finalizou. Pola súa banda, Ángel Mato insistiu que lles "parece unha hipocrisía o defender que haxa máis carga de traballo no sector naval e ao mesmo tempo cuestionar ese incremento do gasto en defensa".

Montaxe de turbina en Navantia Ferrol
Montaxe de turbina en Navantia Ferrol | Fonte: JGS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta