Comeza o despregamento por 8 meses dos traballadores do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais

Son, en total, case un milleiro de profesionais que ata o 2023 viñan traballando ao longo de seis meses ao ano e que, a partir deste momento, e de maneira progresiva, foron incrementando os seus contratos para chegar ao oito meses en 2025 e ao nove en 2026 e anos sucesivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2025 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Este luns comezou o despregamento, por un período de oito meses --ata o 16 de outubro-- do persoal laboral fixo-descontinuo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, que se suma ao resto do operativo autonómico. Son, en total, case un milleiro de profesionais que ata o 2023 viñan traballando ao longo de seis meses ao ano e que, a partir deste momento, e de maneira progresiva, foron incrementando os seus contratos para chegar ao oito meses en 2025 e ao nove en 2026 e anos sucesivos.

Este persoal forma parte das diferentes categorías profesionais. A maior parte dos traballadores son bombeiros forestais e tamén hai bombeiros-xefe de brigada ou bombeiros-condutores. O resto divídense en vixiantes, operadores ou técnicos, entre outros. A Xunta afirma que o obxectivo é avanzar na estabilización e "mellorar" as condicións de traballo e o servizo que prestan. Trátase dun proceso que completa, engade, o desenvolvido nos últimos anos para incrementar progresivamente o período de actuación dos traballadores dun dispositivo formado por máis de 3.000 persoas.

INCENDIO PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS. PORTUGAL-ENTRIMO
INCENDIO PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS. PORTUGAL-ENTRIMO | Fonte: ROSA VEIGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta