Novo revés para Xunta e promotoras eólicas nos xulgados: o Supremo avala a suspensión dos parques de Troitomil e Ventumelo

Estes macroproxectos que poderían estar sendo disimulados mediante fragmentación en parques máis pequenos xa foran suspendidos polo TSXG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2025 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo (TS) avalou as supensiones cautelares do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de dous parques eólicos, Troitomil (entre os municipios coruñeses de Negreira e A Baña) e Ventumelo (entre as provincias de Ourense e Lugo), ao inadmitir os recursos presentados pola Xunta e empresas promotoras. A Sala do Contencioso-Administrativo Sección Primeira do TS emitiu senllas providencias de inadmisión a trámite dos recursos do Goberno Galego, Wind Hero (no caso de Ventumelo) e Green Capital Power (Troitomil) debido á súa falta de fundamentación de intererese casacional.

Segundo destaca Pérez Lema Avogados en comunicado, "a decisión do TS avala o proceder do TSXG fronte a unha campaña política de deslexitimación impulsada desde o Goberno galego e as empresas eólicas". Reprocha que a Xunta "desautorizou en termos moi duros as decisións" do alto tribunal galego e "supuxo unha campaña política contra unha decisión xurídica plenamente axustada a dereito, un comportamento que resulta xuridicamente inaceptable".

O proxecto do eólico de Ventumelo (entre os municipios de Pobra de Trives, San Xoán de Río e Ribas de Sil) foi paralizado en marzo de 2024 ao entender o TSXG que non se podía considerar totalmente veraz a declaración de impacto ambiental elaborada pola Xunta ao non terse en conta que o parque forma parte dun proxecto máis amplo artificialmente fragmentado. En maio de 2024, o TSXG realizou idéntica argumentación para paralizar preventivamente o proxecto de Troitomil, xa que o alto tribunal galego mostrou as súas sospeitas de que os proxectos de Vilartoxo e Barrosinos, nas proximidades, constituísen xunto a Troitomil un mesmo macroproxecto que se tentaba disimular a través dunha fragmentación.

Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá, a 15 de marzo de 2024, en Lugo
Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá, a 15 de marzo de 2024, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta