Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 15/03/2025 | Actualizada ás 15:06
A coordinadora de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, avanzou que levarán a Europa a "hipoteca" que a Xunta de Galicia "quere deixarlle aos galegos" coa autorización á implantación de Altri en Palas de Rei. Así o adiantou Faraldo este sábado, en declaracións antes de celebrar a reunión preparatorio da Asemblea Cidadá da formación. Con ela estivo o membro do Consello estatal de Podemos, Julio Rodríguez.
Faraldo tachou de "salvaxe" a instalación de Altri en Palas de Rei; iniciativa que este venres recibía o aval de viabilidade por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. "Trataremos de buscar medidas políticas para enfrontarnos a esa hipoteca á que o señor Rueda nos quere someter", asegurou. E unha das cuestións, comentou, será ir a Europa e conseguir que eurodeputados coñezan a zona.
"Tentaremos que Europa enteira saiba o que aquí se vai a cometer. Unha animalada contra, non só un territorio, senón contra todo un modo de vida contra o que xa expresamos o noso rexeitamento", defendeu. Ademais de Altri, Faraldo indicou que continuarán "coa mirada posta" nos servizos públicos e lembrou que hai poucos días denunciaban a situación das traballadoras sociais do sistema de dependencia galego.
Tamén na sanidade pública, pola que se sumarán á manifestación convocada para o próximo 6 de abril "en defensa do tesouro máis importante dun pobo, a súa saúde". "Estaremos tamén coa mirada posta na vivenda e nos prezos absolutamente desgarradores que se están vivindo na comunidade coa gentrificación e a turistificación, e con prezos á alza, sen que Alfonso Rueda sexa capaz máis que de hipotecar o futuro do país", censurou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.