Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2025 | Actualizada ás 15:10
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniu este sábado en Santiago á Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) saída do 15º Congreso Nacional do partido, celebrado o pasado fin de semana. Neste primeiro encontro do órgano de dirección, Besteiro chamou a construír o proxecto da "única alternativa" de goberno desde a "ilusión" e coa "fortaleza" do apoio do 93 % dos delegados do máximo órgano do PSdeG.
Durante a reunión, que tivo lugar no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o líder socialista destacou o resultado do Congreso como o "punto de partida" dunha nova etapa na que "gañar a confianza dos galegos e das galegas" e coas eleccións municipais de 2027 como primeiro obxectivo, segundo debullou o PSdeG nunha nota de prensa.
Neste sentido, o líder dos socialistas galegos incidiu no carácter paritario da nova dirección, "como corresponde á executiva do Congreso do 8M", así como na "ampla representación" de mozas. Doutra banda, Besteiro remarcou que está integrada por secretarías cuxas funcións responden os "problemas reais da Galicia actual", entre os que se referiu a a vivenda, o clima, a industria, o emprego ou a mobilidade. Pero tamén aos "novos retos" como a innovación, a intelixencia artificial, a transformación dixital e a rexeneración democrática.
Con todo, Lara Méndez estreou o seu cargo na secretaría de Organización, socialista á que Besteiro destacou pola súa "capacidade de diálogo" e polo "consenso" que suscita dentro do PSdeG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.