Hai poucas cousas máis perigosas en política que un “Magapatriota” con memoria curta. E se ese patriota, ademais, ten acceso ao botón nuclear dos aranceis, a tormenta está servida. En San Cibrao, onde cada quenda de traballo de Alcoa soa como un latexado industrial dun desfibrilador, xa comeza a notarse a sombra dun Donald Trump que volve á carga co seu “America First”.