GC Aberto

A vivenda como pilar básico do benestar persoal

O dereito á vivenda é un dereito básico das persoas, así o recolle o artigo 25 da declaración dos dereitos humanos, o artigo 11 do Pacto internacional dos dereitos económicos, sociais e culturais e o Convenio Europeo para a protección dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

Por admin | Compostela | 26/02/2025

Comparte esta noticia

Por Gonzalo Busqué , A.C. Rexurdir Galicia 

Proxecto de construción de vivenda en San Paio de Navia
Proxecto de construción de vivenda en San Paio de Navia | Fonte: Xunta de Galicia

A constitución española do 78, tamén o incorpora no seu artigo 47: Todos os cidadáns e cidadás teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. A vivenda non pode ser un luxo nin un negocio. Os desaloxos por razóns económicas atentan contra as necesidades máis elementais nun contexto de crise. A experiencia da crise de 2008, onde se rescataron bancos, pero non se pararon os desaloxos, nin se mobilizaron vivendas baleiras, nin se aumentou a oferta de vivenda a prezos asequibles, debe marcarnos o que non se debe facer.

Non podemos permitir que a vivenda sexa unha oportunidade de negocio, que se asocie urbanismo con plusvalías, mercado con especulación inmobiliaria, a vivenda é xusto o contrario. Promover as condicións necesarias para facer efectivo este dereito, coa regulación da normativa en defensa do uso da vivenda, da utilización do chan de acordo con o interese xeral para impedir a especulación, de incrementar a oferta de vivenda asequible, é un traballo de todas e todos. 

PROBLEMAS DE ACCESO Á VIVENDA EN GALICIA.

En Galicia, como no resto de España, o acceso á vivenda nas zonas urbanas e costeiras  é cada vez máis difícil, sobre todo para a xente moza e para as familias con menos recursos. Os principais  factores que contribúen a esta situación: 

* O aumento do prezo da vivenda.  Nos últimos anos, o prezo da vivenda, tanto en compra como en alugueiro, subiu en todas as cidades galegas.

O mesmo pasa co alugueiro. Sube de maneira continuada desde o ano 2015 nas sete cidades  galegas.

* As vivendas de uso turístico. Nos últimos anos o alugueiro turístico medrou de maneira significativa nas cidades e nas vilas costeiras galegas debido, sobre todo,  a  plataformas como Airbnb. Este fenómeno deu lugar a que en moitas cidade e vilas turísticas alugueiros de longa duración pasaran a destinarse a uso turístico reducindo a oferta para residentes permanentes e facendo subir os prezos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta