Por admin | A Coruña | 09/02/2025
A cidadania organizada debe ser unha ferramenta impulsora dun galeguismo social comprometido, con unas culturas propias reactualizadas á nova realidade , que defendan os nosos valores e formas de vida, enfrontado a unha visión de corte étnico e folclórico ou a outro puramente formal e baleiro de contido.
É necesario dar prioridade ao concepto de cidadanía galega, o que implicaría poñer en primeiro lugar o feito de residir e, á vez, separar o acceso aos dereitos políticos do grao de identificación nacional porque dar primacía á cidadanía sobre a nacionalidade implica dar prioridade á sociedade política, e comporta unha concepción menos orgánica da nosa comunidade.
Como ben a preservar, ademais de feito da cidadanía, o seu idioma e unha cultura propias, está o idioma galego, o cal a vincula e que se atopa en perigo de desaparición, por primeira vez en trece séculos os galego falantes son menos que os galegos que falan castelán debido á política de “bilingüismo amable” da Xunta, a pesar das advertencias do Consello de Europa e a ser a lingua rexional minoritaria que máis falantes ten en Europa.
Pero tamén existe unha responsabilidade da cidadanía, algo non funciona a nivel social cando pais e avós non falan aos seus fillos e netos en galego.
Por iso, esiximos unha lei de normalización lingüística para o galego ao mesmo nivel das implementadas en Catalunya e Euskadi que poña fin a este ciclo de deterioración, que contemple un ensino global e sen excepcións no ámbito da escola a todos os niveis e a necesaria capacitación dos ensinantes nesta materia.
Sendo un axioma o que sen cidadanía non hai cultura, cultura popular viva foi a que permitiu, durante séculos, transmitir entre xeracións a memoria colectiva e a lingua propia de Galiza que deben ser coidados como o tesouro que significan.
O patrimonio cultural galego caracterízase pola súa riqueza, diversidade e extensión xeográfica, así como pola vinculación á paisaxe que o rodea e vai máis aló das arterias que conforman a ruta Xacobea. Pero este patrimonio atópase ameazado na contorna rural pola inacción ou a complicidade de administracións locais que permiten a destrución crecente de monumentos neolíticos con miles de anos de antigüidade, de mámoas e petróglifos en Galicia por descoñecemento, neglixencia ou intereses económicos particulares.
Para preservar esta riqueza, as medidas non poden ser só punitivas, como reacción aos danos; hai que previr explicando e educando para saber que son pedazos da nosa historia, que nos contan como viviamos fai miles de anos.
Temos moita tarefas por diante se queremos que Galiza teña futuro como entidade social e política. Está nas nosas mans que así sexa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.