Mariña Patrimonio e ADEGA documentaron, en 2024 e 2025, 101 xacementos afectados por intervencións forestais. A concentración de danos na zona centro evidencia a falta de control e a impunidade das empresas forestais.
Rubén Arroxo tamén cuestiona, como fixo Goretti Sanmartín, o criterio da Xunta nos investimentos en municipios e pide o mesmo trato para todos.
Juan Vidal, un dos creadores de Guía Furanchín, a guía por excelencia para coñecer os furanchos galegos, amósase moi preocupado por unha realidade que, de seguir así, suporá a extinción total dos furanchos. Trabas burocráticas, unha normativa aberta a interpretacións, presións da hostalaría, falta de relevo xeracional... Os problemas aos que se enfrontan estes locais son moi numerosos.
  comenta   0
As cazoletas, descritas como "buracos ou concavidades realizadas mediante picado e abrasión", atópanse tanto en estelas móbiles como en estruturas arquitectónicas
"As propostas que presenta a Xunta están deseñadas para beneficiar a curto prazo ás persoas que teñen vivendas que están ou poderían estar en aluguer, ignorando completamente as necesidades e os dereitos das persoas afectadas pola crise da vivenda", lamentou a Plataforma.
  comenta   0
A retirada destes vestixios adoita presentarse como unha medida de respecto, pero, sempre é esta a mellor opción que temos para amosar respecto aos nosos antergos? Galicia Confidencial reflexiona sobre o tema con Olalla López-Costas, antropóloga biolóxica e profesora de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  comenta   0
Roberto Pena, Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, destaca o bo estado do patrimonio galego aínda que recoñece que en Galicia hai máis de 20.000 xacementos coñecidos, "o que fai imposible vixialos todos constantemente". "Entre plantacións e actividades cotiás, moitas veces por descoñecemento, prodúcense destrucións ou afectacións ao patrimonio cultural", afirma nesta entrevista.
O planeamento urbanístico é unha ferramenta crave para o desenvolvemento ordenado das cidades, pero en Galicia a súa aprobación ten sido historicamente un proceso cheo de obstáculos. Centrámonos nesta primeira parte na análise da situación nas urbes de Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol.
  comenta   0
Non era a primeira vez que tiña que asistir a unha cea de negocios. Sempre eran con xente cativa pero estes comensais eran excepcionalmente noxentos. Había políticos e empresarios. Donos de empresas importantes relacionadas coa enerxía , coa banca ,cos medios de comunicación …
  comenta   0
O descubrimento dunha antiga cimentación revela a definición do núcleo orixinario do convento de Santa Clara para confirmar que o recinto é moito máis antigo do que se cría e que estaba composto por tres edificios.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con María Esther Corral Díaz, filóloga e investigadora de Universidade de Santiago de Compostela (USC) que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "a Idade Media non foi unha época tan escura como a miúdo nos parece", tampouco para a muller, que gozaba de "máis liberdades das que se pensa".
  comenta   0
A Avelino Cachafeiro Bugallo, “o gaiteiro der Soutelo”, coñecíno en Vigo en 1969, ano da publicación do seu poemario “Voando coas aas da vida”. Presentaramo Antón Patiño dono da librería Librouro. O primeiro que me chamou a atención foi a súa fasquía física: alto, cuns bigotes brancos moi coidados e a pucha nova. Tal como meu avó. Poderían pasar por seren irmáns.
  comenta   0
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o real decreto polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2025/2026.
  comenta   0
O proceso de recuperación do Entroido de Samede comezou de maneira casual. "Todo empezou cun traballo escolar para o meu fillo", explica Emilia Cagiao
O goberno local tamén convoca este pleno para que o PP "pida perdón". Pola súa banda, o PP acusa a Caballero de buscar unha "pleno trampa" e o BNG ve un intento de "axuste de contas".
O Consello da Xunta aprobou este luns o decreto que declara Ben de Interese Cultural o 'Entroido' galego, ao considerar acreditado o seu valor singular como "patrimonio inmaterial" da comunidade, tal e como explicou o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda.
  comenta   0
O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do atraso que acumula o proxecto de rehabilitación; mentres que desde o goberno local, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, asegura que o político popular está "desnortado".
  comenta   0
Foi unha profesora de galego, María Xesús, quen lle abriu os ollos. "As lecturas obrigatorias daquela materia achegábanse moito aos intereses da adolescencia, eran actuais e variadas", recorda.
De que o galego está a perder espazo como idioma xa ninguén o nega. Soamente o fan os que, sen dicilo, traballan caladamente pra que vaia esmorecendo.
  comenta   0
O GC comeza a semana grande do Entroido coñecendo as curiosidades do Entroido de Budián da man de Lucas, unha das persoas implicada na recuperación desta festividade, que logrou volver celebrarse no ano 2021, despois de máis de 65 anos esquecida.
  comenta   0
A mobilización, convocada por Queremos Galego, reclama medidas urxentes ante a "emerxencia lingüística extrema"
O senador José Manuel Balseiro pedirá na Comisión de Cultura que o Executivo lidere e financie a restauración do monumento
A iniciativa persegue executar unha gran senda peonil e cicloturista de 428 quilómetros nas marxes do río Navia, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura, e pasando por 7 municipios galegos e por 9 asturianos.
As actuacións a realizar, dentro dun plan estratéxico para a súa recuperación, permitirán rescatar a memoria e a importancia da fortaleza medieval. No proxecto colabora a Universidade de Vigo.
  comenta   0
Este novo portal, dispoñible en galego, inglés e castelán, permite consultar os límites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco.
  comenta   0
Mutualistas xubilados terán que presentar un formulario para a devolucion do IRPF, que se porá á súa disposición o 2 de abril.
  comenta   0
Queremos para Galiza unha sociedade inclusiva na que cada persoa é parte de todo a engrenaxe da sociedade e debe ter acceso aos dereitos sociais, políticos, laborais e de xénero para crear un ambiente onde a diversidade cultural e social sexa a clave do desenvolvemento social.
  comenta   0
Estas comunidades buscaron a liberdade a un prezo moi alto. Tiñan dúas opcións: enfrontarse aos poderes centralizados dos grandes imperios ou retirarse a territorios de difícil acceso.
Un estudo de investigadores da USC pon en valor a figura desta hispanista norteamericana.
  comenta   0
A Federación de Asociacións de Veciños 'Eduardo Chao' de Vigo, FAVEC, lamentou que o alcalde da cidade, Abel Caballero, "ignora" aos veciños que sufrirán expropiacións e o dano ao patrimonio natural.