Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/02/2025 | Actualizada ás 18:28
A Xunta de Galicia creou unha nova páxina web con toda a información sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Desta forma, indica, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude "pon a disposición da cidadanía a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga". Este novo portal, dispoñible en galego, inglés e castelán, permite consultar os límites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco, así como a proposta de valor universal excepcional, os criterios ou os atributos especiais que definen a declaración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.