A Consellería de Medio Rural "tivo que ter enviado o pasado 1 de marzo os importes calculados da axuda da colleita en verde" ao Ministerio de Agricultura, segundo sostén o sindicato.
  comenta   0
Nove entroidos están declarados de interese galego. Chantada acolle este domingo unha reunión de entroidos lucenses e ourensáns.
  comenta   0
Este novo portal, dispoñible en galego, inglés e castelán, permite consultar os límites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco.
  comenta   0
O presidente galego nega que a Xunta retirara a candidatura para beneficiar á de Madrid tal e como suxeriu o alcalde da capital española.
  comenta   1
O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, desvela as razóns polas que Galicia decidiu retirar a súa candidatura cando competía coa candidatura "Paisaje de la luz" da capital española que, finalmente, saíu vencededora.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou este mércores en Fitur que a Xunta xa entregou toda a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia que as axudas publicadas pola Xunta o pasado 30 de decembro para a Ribeira Sacra "discriminan" a pequenos viticultores en favor dos que contan con grandes extensións de terreo.
  comenta   0
Decidiu montar en 2018, en Alvaredos, concello de Quiroga, unha adega en sociedade co enólogo estadounidense Paul Hobbs.
O club 'Os Irmandiños', no Concello de Pantón, reúne a tiradores do propio concello e tamén de Sober, Monforte, O Saviñao e ata de Quiroga. Ademais de galegos, destaca a presenza de xente doutras nacionalidades: ingleses, holandeses, polacos, australianos, arxentinos...
Áreas como Vigo, co tirón da súa iluminación do Nadal, estarán practicamente ao 100 % estes días.
  comenta   0
O Goberno "non renuncia" á construción de variantes para conectar Lugo coa alta velocidade ferroviaria, segundo asegurou Óscar Puente.
  comenta   0
Esta partida aumenta un 30 % nos orzamentos da Xunta, segundo explica o conselleiro de Cultura na Comisión de Orzamentos do Parlamento.
  comenta   0
Gemma & Naza Cheesecakes (Monforte de Lemos), Ficar Aquí (Os Ancares e A Mariña) e Enzicas (A Coruña) fanse cos premios do X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, asistiron á inauguración, en Nogueira de Ramuín, en Ourense, do congreso internacional 'Fontes-Patrimonio Mundial: Coñecemento para conservar'.
  comenta   0
En 2014 o alemán Wilfried Stuckmann ficou pampo cando soubo que o hotel de luxo onde se aloxaba, San Marcos en León, fora un campo de concentración franquista. Sete anos despois Paradores honrou nun solemne acto ás víctimas, coa presenza mesmo do último sobrevivente, Josep Sala. Estes actos de desagravio son comúns en países civilizados europeos desde a inmediata postguerra. Empresas e multinacionais que empregaron man de obra escrava pediron perdón e encetaron un programa de indemnizacións e reparacións.
  comenta   0
A 25ª edición deste Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se fai do 24 ao 27 de outubro, contará con 90 expositores, 63 adegas profesionais, 5 restaurantes e 5 países representados. Entre as actividades paralelas destacar dous concursos que premiarán á mellor tortilla de pataca e á mellor hamburguesa de Galicia.
  comenta   0
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá a petición propia no Parlamento de Galicia o vindeiro martes para informar o pleno das liñas estratéxicas dos Orzamentos da Xunta para 2025 e dos proxectos do seu Goberno para este mandato.
  comenta   0
A recollida pode chegar ata os 72,5 millóns de quilos, segundo as previsións das cinco denominacións de orixe.
  comenta   0
Viticultores da Ribeira Sacra protestarán este domingo durante a xuntanza de Rueda co seu equipo.
  comenta   0
A axuda será de 1,05 euros por litro de viño destilado e poderán beneficiarse aquelas empresas vitivinícolas elaboradoras de viño tinto amparado pola DO Ribeira Sacra.
  comenta   0
A Xunta solicitou este luns ao Goberno central que teña en conta "o bo nivel de execución" en Galicia dos fondos europeos NextGenerationUE destinados á posta en valor das súas sete Reservas da Biosfera e que lle reasignen parte dos fondos que, a día de hoxe, "outras comunidades aínda teñen sen executar".
  comenta   0
Lamentan ademais que, "a pesar de pedir reiteradas intervencións", a Xunta de Galicia "non moveu ficha" para buscar solucións a un problema que "comezou a evidenciarse na pasada vendima"
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que "é certo" que existe unha caída "xeral" do consumo de viño que "non é igual en todas as zonas" e que require que as administracións "boten unha man".
  comenta   0
Ás portas dunha nova campaña, Unións Agrarias afirma que produtores e adegas enfróntanse a unha situación que pode obrigarlos a deixar sen recoller a uva duns 600 viticultores
  comenta   0
Aínda que as temperaturas suaves de Galicia están a ser unha vantaxe competitiva á hora de recibir turismo, o sol e a praia mandan no verán e os 18 días de choiva do pasado mes de xullo pasaron factura a un sector que agora encara un mes de agosto con previsións de ocupación do 90 %.
  comenta   0