Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2024 | Actualizada ás 17:16
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou este martes que a Ribeira Sacra "é unha das xoias da oferta turística de Galicia, que está a crecer en número de viaxeiros un 20%", á vez que afirmou que "está moi presente na planificación da Xunta de Galicia", orientada aos investimentos en sustentabilidade.
Merelles lembrou a aposta asinen no marco dos fondos europeos, que dedican máis de 5 millóns a reforzar a sustentabilidade deste destino a través de distintas medidas para os próximos anos e que supoñen un impulso cualitativo ao turismo para xerar emprego, mellorar as economías locais e asentar poboación neste territorio.
Xosé Merelles participou este mércores no encontro 'Fontes -Patrimonio da Humanidade: coñecemento para conservar', onde abordou a participación no territorio desde distintos programas e iniciativas. En concreto, o director de Turismo de Galicia subliñou iniciativas como o Plan de Sustentabilidade Turística da Ribeira Sacra aprobado hai uns anos por dous millóns de euros, ao que se suman o incluído no Plan Territorial de Centros históricos e Vilas Termais autorizado este ano por outros dous millóns, que busca o compromiso coa mobilidade sustentable e a mellora continua, así como o proxecto que inclúe o Plan Xacobeo Next Generation na súa condición de Ben de Interese Cultural.
Trátase, en total, de 5 millóns que permitirán pór en valor turístico esta zona de maneira sustentable, restaurar o patrimonio cultural desta zona, adecuando camiños e carreiros e actuar no contorno dos miradoiros, entre outras accións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.