O PPdeG cuestiona ao Goberno sobre un posible traslado de trens galegos a Cataluña e a substitución por outros "máis lentos"

Os populares sosteñen que o modelo de trens que serían trasladados conta con 282 prazas, fronte ás 256 e ás 185 dos convois cos que o Goberno pretende cubrilos e acadan unha velocidade de 250 km/h fronte a 200.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2025 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia preguntou ao Goberno central se substituirá os trens do Eixo Atlántico por outros con "menor número de prazas e cunha velocidade máis limitada" e reclama que, no seu lugar, mellore as condicións de prestación dos servizos nesta liña ferroviario.

Tren da serie 730
Tren da serie 730 | Fonte: RENFE - Arquivo

A través dunha pregunta parlamentaria que os deputados do partido no Congreso rexistraron, os populares galegos preguntan se un acordo entre Renfe e a Generalitat de Cataluña poderíase traducir no futuro traslado a esta rexión de seis trens que actualmente operan no Eixo Atlántico e a súa substitución por "un número indeterminado de trens máis antigos e de menor capacidade". Os populares sosteñen que o modelo de trens que serían trasladados conta con 282 prazas, fronte ás 256 e ás 185 dos convois cos que o Goberno pretende cubrilos. Iso, indican, suporía unha redución significativa da capacidade total á que se une o feito de que a velocidade máxima destes novos trens tamén será inferior, xa que en lugar do 250 km/h que chegan a alcanzar os actuais, os novos estarían limitados a 200 km/h. 

"Nada temos que obxectar a que se mellore o material móbil que opera en toda España e, por suposto, en Cataluña, pero desde logo, parécenos inaceptable que para iso se vexa prexudicada unha das liñas ferroviarias con maior demanda como é a do Eixo Atlántico", argumenta o deputado Celso Delgado. Neste sentido, lembran que os servizos de media distancia A Coruña-Santiago-Vigo están entre os cinco máis importantes de España en termos de viaxeiros e prazas ofertadas e que "o que necesita este corredor ferroviario son máis prazas, máis frecuencias, mellor puntualidade e menos incidencias, non peores condicións do material móbil".

Os populares pediron información sobre "a verdadeira situación e os plans de futuro" do Goberno central, á vez que lembran que a Xunta leva meses demandando un interlocutor con Renfe para tratar os asuntos ferroviarios que afectan á Comunidade, sen pronunciamento polo momento da outra parte. Preguntadas sobre este asunto o pasado luns, fontes de Renfe consultadas por Europa Press afirmaron que, actualmente, Galicia conta con 12 trens da serie 1221 que prestan servizo de Media Distancia na liña do Eixo Atlántico e Avant na liña Ourense-A Coruña; e que "non hai ningunha intención de enviar estes vehículos a outras comunidades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta