Dous detidos por ferir a dúas persoas nunha pelexa entre dous clans en Ribeira

Entre os feridos había un axente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2025 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a dúas persoas supostamente involucradas nunha pelexa entre dous clans en Ribeira, o pasado mes de setembro, na que resultaron feridos un Policía Local e outro home.

Así o confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras do suceso, que se produciu, en setembro, no barrio de Deán despois de que unha muller presentase unha denuncia por ser retida en Vilagarcía de Arousa. O suceso levou a que este xoves axentes da Policía Nacional detivese a dúas persoas involucradas na liorta.

Coches da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Coches da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Sentidiño

Outra cousa: nestes casos non se di "pelexa"; dise "reyerta", para que a xente o entenda 😉

1 xurxosalgado

En relación a que a palabra clan só pode usarse cos "clans" escoceses. Isto é o que di a RAG: clan substantivo masculino 1 Grupo social constituído por varias familias de orixe común, que obedecen a un xefe. Os clans xitanos.

2 xurxosalgado

A RAG non recolle a palabra "reyerta". Si recolle "pelexar" e os seus sinónimos. pelexa substantivo feminino Acción e efecto de pelexar. Despois da pelexa, un dos rapaces tivo que ir ao hospital. SINÓNIMOS agarra, agarrada, lea, liorta, pendencia CONFRÓNTESE loita, refrega As pelexas entre eles eran cada vez máis frecuentes. SINÓNIMOS agarra, agarrada, altercado, disputa, lea, liorta, pendencia, refrega, zarracina Que pelexa para convencelo! SINÓNIMO loita Unha pelexa de galos.