Prado contra o BNG por "manipular" a figura de Castelao: "Non o era un nacionalista do Bloque"

"É unha figura importante para todos os galegos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acusou ao Bloque Nacionalista Galego de "manipular e manosear" a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como "se fose un nacionalista do BNG" cando "non o era".

Paula Prado pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa ofrecida este mércores na sede do PPdeG ao ser preguntada pola proposta da líder do BNG, Ana Pontón, de recoñecer de forma oficial ao intelectual como o primeiro presidente galego. Todo iso no marco dunha campaña con motivo do Ano Castelao no que o BNG reivindicará o seu pensamento político como "nacionalista galego".

Preguntada respecto diso, Paula Prado asegurou que o PPdeG situarase sobre a proposta de recoñecer a Castelao como primeiro presente unha vez que coñeza os detalles da iniciativa do BNG. Con todo, si dixo que Castelao é "unha figura importante" e que "non se debe manipular ou manosear" como, na súa opinión, "está a facer o BNG" para "atraela ao seu proxecto político". "É unha figura importante para todos os galegos e galegas. Non se deberían apropiar coma se fose un nacionalista do BNG, porque non o é", sostivo.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en rolda de prensa. ÍÑIGO ROLÁN
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en rolda de prensa. ÍÑIGO ROLÁN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta