Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 16:59
A eurodeputada do BNG Ana Miranda reclamou responsabilidades políticas pola "neglixente" e "nefasta" xestión da dana por parte do Goberno valenciano do PP. Este xoves, a europarlamentaria visitou as zonas afectadas polas riadas de finais de outubro en Valencia como parte dunha delegación do grupo Verdes-ALE, segundo recolle un comunicado.
Alí, incidiu en que "o descoido" na xestión da catástrofe polo PP "debe ter como consecuencia a asunción de responsabilidades políticas" pois as 227 vítimas mortais "poderían evitarse". "Igual que o reclamamos nos casos do Prestige e do Alvia, o descoido na xestión debe ter como consecuencia a asunción de responsabilidades políticas", remarcou Miranda, que coñeceu as consecuencias da traxedia en Catarroja e nos arrozales da contorna do porto de L'Albufera.
A eurodeputada galega avogou desde Valencia por que os fondos europeos 'Restore' sexan empregados na construción de vivendas e infraestruturas que deben emprazarse fóra de territorios inundables. Neste sentido, subliñou que o ocorrido a finais de outubro debe supor un "cambio de modelo" que teña en conta o cambio climático "e as súas consecuencias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.