Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2025 | Actualizada ás 11:59
O BNG reclamou ao Goberno do Estado máis compromiso para acelerar e impulsar a construción do by-pass de Infesta, en Betanzos, como infraestrutura imprescindible e estratéxica para a mellora e modernización da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol.
A formación nacionalista considera que esta actuación, recollida no Acordo de Investidura entre o BNG e o PSOE, necesita unha maior implicación do executivo estatal, sobre todo da carteira de Transportes, para minimizar o impacto sobre os veciños co novo trazado e facilitar a implantación do servizo de proximidade ferroviaria en Galicia.
Diso informou o BNG nun comunicado, no que detalla que o deputado no Congreso Néstor Rego realizou unha visita á estación de Betanzos Infesta acompañado polas portavoces do BNG nos concellos de Betanzos e Coirós, Amelia Sánchez e Pura Ferreño, o responsable comarcal da organización e portavoz en Miño, Alberte G. Nicolás, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.