Hoxe lembramos o tempo no que o río Sar non só anegaba o casco urbano de Padrón, senón tamén as terras da veiga do seu termo municipal e do de Rois, como aconteceu nas inundacións catastróficas dos anos 1977, 1978, 1987 e 1989. A máis grande que se recorda foi, sen dúbidas, a de 1987, cando as barcas podían cruzar navegando polas rúas do casco histórico da vila.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego advirte de múltiples cambios que provocan unha "inseguridade xurídica" en favor de proxectos como os de Altri e eólicos.
  comenta   0
O Executivo autonómico indicou que o protocolo aprobado esta mañá pretende dotar ao persoal dos Centros de Información á Muller dunha ferramenta práctica para atender de forma eficaz aos usuarios do colectivo LGBTI, así como pór en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas.
  comenta   0
"Por primeira vez na historia financia máis a Deputación aos 93 concellos da provincia que a Xunta aos 313 concellos de Galicia", declarou González Formoso
  comenta   0
Complexos cálculos matemáticos e aplicación de Intelixencia Artificial para simular o fluxo de ríos, a previsión de inundacións e a xestión de recursos hídricos. Un traballo estuda dous ríos con alto risco de inundacións, o Anllóns e o río Groba, para analizar como actuar ante riscos de aumento de caudais.
  comenta   1
Goretti Sanmartín e Jesús Vázquez Almuiña valoran os avances logrados en obras hidráulicas, pero piden continuar coas melloras.
  comenta   0
As últimas enquisas do Ministerio de Cultura, correspondentes ao período 2018-2019, reflexan que só o 8 % da poboación acudiu a algún festexo taurino nesas datas e que, dese 8 %, unha gran porcentaxe fíxoo porque lle deron entradas gratis ou descontos. Así, para Cristina, representante da ILP 'No es mi cultura', "a tauromaquia está morrendo e só se mantén viva conectada a un respirador chamado patrimonio cultural".
  comenta   2
Houbo un tempo no que as borrascas non tiñan nome, pero causaban aínda máis estragos que cando llo puxeron. Dende o GC facemos un repaso polos maiores alagamentos en vilas galegas.
  comenta   0
Sobre educación, a Fegamp lembrou que o citado pacto recollía o compromiso da Xunta a asumir os custos do mantemento dos centros de educación primaria
  comenta   0
Segundo Montse Prado, está "máis que demostrado que unha atención primaria ben dotada garante unha poboación máis sa, mellor atendida e a menor custo", ademais de "garantir a igualdade ante a enfermidade".
  comenta   0
O GC fala co xeógrafo e profesor da USC Rubén Lois González, que explica a conxunción de factores que desencadearon unha catástrofe de semellante magnitude en Valencia e que nos conta por que en Galicia non sería posible vivir algo así.
  comenta   0
"Non é en ningún caso unha taxa turística para toda a Comunidade galega porque a realidade turística actual non a fai necesaria, pero con esta lei daremos as ferramentas aos concellos que o piden e xustifiquen para que se responsabilicen da súa xestión e funcionamento. Oficialmente só a pediu Santiago", asegurou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.
  comenta   0
Entre eles atópanse dez disfraces, catro máscaras e antefaces, nove coroas e diademas, nove xoguetes de distinto tipo (pistolas, faroliños, accesorios, etc.) e unha perruca.
  comenta   0
"A paz social non se consegue con rodete", advirten o sindicato e a asociación, en relación a un sector paralizado pola xudicialización.
  comenta   0
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense pechou as portas da súa 25ª edición tras recibir a visita de 17.000 persoas e contar con 90 expositores e 5 países representados. Na xornada de clausura tivo especial protagonismo o rural galego.
  comenta   0
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, asistiron á inauguración, en Nogueira de Ramuín, en Ourense, do congreso internacional 'Fontes-Patrimonio Mundial: Coñecemento para conservar'.
  comenta   0
O GC fala co que foi concelleiro de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro no ano 2020, Xoán Xosé Vicente, para coñecer como se realizou a restauración deste espectacular hórreo, único en Galicia polo seu arco que o sostén e que dá entrada á finca da que forma parte.
  comenta   0
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, considera que "aínda hai tempo para unha revisión en positivo da dotación orzamentaria para 2025 do fondo de cooperación local".
  comenta   0
Asegura que mantén a súa vontade de axilizar a integración destas unidades no Sergas. A Federación trasladou que o compromiso da Xunta de integrar as unidades de atención á drogodependencia (UAD) ten un reflexo de "cero euros" nos orzamentos autonómicos de 2025.
  comenta   0
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
O conselleiro Diego Calvo sinalouque "o Goberno central ten feitas moitas declaracións de intencións, pero todas quedan en nada á hora de solucionar os problemas dos concellos"
  comenta   0
Estes municipios prevén contratar a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto suxeito á regulación harmonizada para un servizo de prestación obrigatoria para todos os municipios.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, puxo sobre a mesa "a falta de recursos económicos" e a "problemática común" a todos os concellos, con independencia do punto xeográfico ou formación política dos seus rexedores e rexedoras, respecto doutras administracións.
Situaranse na rúa Xoán XXIII e terán unha superficie útil de 30 metros cadrados con salón-cociña, habitación e baño, ademais de zonas comúns.