Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2024 | Actualizada ás 20:06
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) defendeu o cumprimento do Pacto Local sobre as competencias en educación e emerxencias durante a nova reunión da comisión técnica de delimitación competencial no ámbito da administración local de Galicia, na que tamén participa a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dá Xunta de Galicia.
Na cita, o ente municipalista estivo encabezada pola súa secretaría xeral, Patricia Vilán; mentres que por parte da Consellería participou a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.
A Fegamp sinalou que se retomaron os traballos desta comisión o pasado 22 de xullo e que, nesa reunión, acordouse traballar sobre os temas pendentes de aplicarse do Pacto Local asinado coa Xunta en 2006 vinculados cos servizos sociais, servizos sanitarios, educación e emerxencias.
Con todo, explicou que finalmente só puideron abordarse os asuntos vinculados coas emerxencias e coa educación, xa que na reunión non participaron os responsables de competencias en servizos sociais e sanitarios das respectivas consellerías da Xunta de Galicia.
COMPETENCIAS EN EDUCACIÓN
Sobre educación, a Fegamp lembrou que o citado pacto recollía o compromiso da Xunta a asumir os custos do mantemento dos centros de educación primaria. Sen embrago, lamentou que non se producise "ningún tipo de avance nesta materia", mentres que "os concellos foron asumindo un importe de gastos cada vez maior" relativo a cuestións como o combustible e as reparacións.
Neste sentido, o ente municipalista sinalou que, segundo a liquidación de orzamentos do ano 2023, os concellos asumiron un custo de 135 millóns en materia educativa.
COMPETENCIAS SOBRE EMERXENCIAS
Sobre as emerxencias, especialmiente debateuse da situación do servizo de socorrismo e da financión dos grupos de emergncias supramunicipais (GES). Neste punto, a Fegamp dixo que o pacto indicaba que a Xunta se comprometía a articular os mecanismos necesarios para compensar financieramente ás administracións locais galegas ante a aprobación de normas por parte da comunidade que poidan supor unha minoración dos seus ingresos ou un aumetno dos seus gastos.
A Fegamp destacou que a comisión acordou proseguir cos seus traballos cunha próxima reunión na segunda semana de decembro e que, neste tempo, tanto a representación da Xunta como a da Fegamp achegarán a documentación presentada na reunión deste martes.
Na próxima reunión abordaranse os asuntos relacionados cos servizos sociais e cos sanitarios, ademais de ir concretando os acordos posibles sobre os temas xa tratados (educación e emerxencias).
Por parte da Fegamp participan nesta comisión, xunto coa secretaria xeral, José Manuel Chapela, director xeral; Xosé Manuel Rodríguez, coordinador xeral, e Andrés Núñez, do equipo técnico.
A Xunta DESTACA O SEU ESFORZO INVESTIDOR
Pola súa banda, noutro comunicado, a Xunta informou de que, na cita, Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta cos concellos, tal e como recollen os orzamentos de 2025.
Así, puxo en valor o incremento previsto a través das distintas liñas de apoio, con achegas que suman 641 millóns de euros. Neste marco de acción, destacou o Fondo de Cooperación Local, que aumenta máis dun 6% ao pasar de 158 millóns de euros a 168 millóns, e en especial o incremento do fondo basee en case un 5%, dándolle resposta a unha constante demanda do municipalismo.
Ademais, deste fondo resérvanse 5,4 millóns de euros para beneficiar especificamente os concellos con menos de 15.000 habitantes e, en consecuencia, con menos recursos, que verán así incrementado en máis dun 8% o seu financiamento.
Natalia Prieto incidiu no reforzo na atención ás necesidades destas localidades, que representan o 90% dos municipios galegos e son os que máis dificultades teñen á hora de prestar servizos. Neste marco de acción, lanzouse tamén unha convocatoria de 5 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais.
BUSCA DO MÁXIMO CONSENSO
A Xunta destacou que estas reunións se celebran co obxectivo de conseguir o máximo consenso posible nas áreas que se están abordando. Nesta liña, incidiu en que nos encontros están a avaliarse as propostas da Xunta -o Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia elaborado no marco dun acordo coa Universidade de Santiago (USC)- e a Fegamp.
Trátase así de, conforme apuntou o Goberno galego, primeiro, valorar que competencias debe asumir cada administración e en que parte -Xunta, Goberno central, deputacións provinciais e entidades locais- e de forma rigorosa avaliar se cada unha está a asumir os seus compromisos, así como cuantificar canto custa a prestación de cada servizo e os recursos dispoñibles -en Galicia de media as contías son máis elevadas pola dispersión e o envellecemento da poboación-.
"En definitiva, a través desta comisión búscase evitar duplicidades coa finalidade última de garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos", apuntou
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.