Cebrián advirte que a democracia está "seriamente ameazada": "Os políticos non pensan porque non len"

O expresidente do Grupo Prisa analiza a crise da socialdemocracia no continente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2025 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

O académico e expresidente do Grupo Prisa Juan Luís Cebrián advertiu que os sistemas democráticos están "seriamente ameazados" cun contexto global no que aprecia unha "crise do pensamento complexo" que afecta tamén á "clase política".

"Os políticos non pensan porque non len", aseverou na súa intervención no foro organizado pola Fundación Sargadelos, que estivo protagonizado polo xornalista na cita deste venres, celebrado no hotel Voar de Ribadeo.

Alí, Juan Luís Cebrián subliñou que existe un "cambio de civilización global e formidable" que, ao seu xuízo, é "moito máis grande" que o dado coa invención da imprenta, fundamentalmente porque o planeta estaba habitado por aquel entón "por entre 300 e 400 millóns de habitantes" e agora estao "por 9.000 millóns". Desta forma, sinalou que esa "crise do pensamento complexo" levou a unha "deterioración formidable da clase política nas democracias universais".

Nun contexto de cambio no que, para Cebrián, Europa "perdeu a revolución tecnolóxica", a socialdemocracia tamén vive un momento de "crise" que, á súa entender, está asociado a que os partidos que a representan no vello continente "non lograron convencer ás clases medias que defende os seus dereitos".

Así, apuntou que a socialdemocracia "desapareceu" en países como Francia, Alemaña, Italia ou Suecia, mentres sobrevive en Inglaterra, que ten, para o xornalista, as súas propias características, e en España.

J.L. Cebrián - fundación Étnor
J.L. Cebrián - fundación Étnor

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta