Aprobado un protocolo para atender persoas do colectivo LGBTIQ+ en Centros de Información á Muller

O Executivo autonómico indicou que o protocolo aprobado esta mañá pretende dotar ao persoal dos Centros de Información á Muller dunha ferramenta práctica para atender de forma eficaz aos usuarios do colectivo LGBTI, así como pór en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero (Observatorio LGBTIQ+) aprobou este mércores un protocolo para a atención de persoas deste colectivo nos Centros de Información á Muller. Esta aprobación levouse a cabo durante a sesión plenaeria celebrada este mércores en Santiago de Compostela, que estivo presidida pola directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana.

Segundo recolle a Xunta nun comunicado, ela trasladou o obxectivo do Goberno galego de estar máis próximo ás persoas LGBTI e ás asociacións que traballan a diario con todas elas, ademais de darlle maior visibilidade e seguir apoiando propostas que teñan como fin sensibilizar sobre o valor da diversidade sexual.

Para conseguir estes obxectivos, segundo dixo, lembrou que o orzamento destinado ao apoio do movemento asociativo e á sensibilización terá un incremento "importante" en 2025. O Executivo autonómico indicou que o protocolo aprobado esta mañá pretende dotar ao persoal dos Centros de Información á Muller dunha ferramenta práctica para atender de forma eficaz aos usuarios do colectivo LGBTI, así como pór en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas.

Tamén axudará a canalizar as denuncias ante o Observatorio, así como programar accións nos centros educativos e concellos, para que actúen e se visibilicen como espazos seguros. Por iso, entre outras accións, desenvolveranse formacións para o persoal dos Centros da Muller, para fomentar a comprensión das discriminacións e as barreiras que as persoas LGBTI atopan.

Centro de Información á Muller en Ribeira
Centro de Información á Muller en Ribeira | Fonte: Páxinas Amarelas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta