A Xunta converterá 18 baixos en vivendas de promoción pública en Narón, Ourense e Pontevedra

O BNG pide o compromiso do Goberno central para construír 300 vivendas en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/10/2024 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu este luns o visto e prace á licitación dos contratos de redacción dos proxectos para transformar 18 locais propiedade da Administración autonómica en vivendas de promoción pública nos concellos de Narón, Ourense e Pontevedra.

"É a primeira vez que a Xunta inicia os trámites para converter locais da súa propiedade en inmobles protexidos", destacou o presidente autonómico, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, na que asegurou que se trata de espazos "que levan moito tempo desocupados".

Esta medida enmárcase no obxectivo do Executivo de "duplicar" o parque público residencial nesta lexislatura "ao pasar de 4.000 a 8.000 inmobles" e tómase ao amparo do decreto aprobado a finais de 2023 que permite que comercios ou baixos que dan a rúa poidan ser vivendas sen necesidade de modificar a PXOM sempre que cumpran con varios requisitos. Entre eles, estar en edificios residenciais ou cumprir coas normas de habitabilidade.

A licitación autorizada este luns no Consello da Xunta suporá un investimento autonómico que rolda os 200.000 euros e inclúe os contratos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para o cambio de uso de locais que se destinarán á construción de máis vivendas de promoción pública neste tres municipios.

Reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZON @ XUNTA
Reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

BNG

Por outra banda, o BNG demanda o compromiso do Goberno do Estado para a cesión, a través da firma de convenios coa Xunta de Galicia, de terreos no termo municipal de Pontevedra e a construción de máis de 300 vivendas públicas que se destinarían a ofrecer en réxime de aluguer nos barrios de Campolongo, Mollabao e na Leira do Teucro.

A senadora do Bloque Nacionalista Galego Carme da Silva deu conta este luns de diversas iniciativas que a formación nacionalista vai presentar nas Cortes, tanto no Congreso como no Senado, para impulsar a ampliación do parque de vivenda pública de aluguer en Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta