O BNG pide "medidas" a Adif que eviten que a catenaria se conxele

Foi o que lle pasou a un tren que quedou parado no túnel de Taboadela pola conxelación das catenarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2025 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O deputado do BNG Néstor Rego presentou unha serie de iniciativas no Congreso para coñecer a actuación de Adif a raíz do incidente que causou a detención durante dúas horas dun tren no túnel de Taboadela, Ourense, por mor da conxelación da catenaria polas baixas temperaturas, e reclamou que "tome medidas" para evitar que se repita.

"Os 170 viaxeiros e viaxeiras quedaron no medio dun túnel sen luz e sen calefacción esperando a que o problema fose resolto", recolle a iniciativa, algo que levou unha "espera de dúas horas nunhas condicións nefastas". "Finalmente, foron desaloxadas do tren no medio do túnel para coller un tren Alvia habilitado para trasladalos de novo á estación de Ourense, desde onde emprenderon viaxe a Madrid no tren Avlo Vigo-Madrid das 7.45 horas, chegando finalmente ao seu destino con catro horas de atraso".

Ademais, o BNG lembra que o problema "afectou a unha serie de trens que sufriron atrasos en cadea" debido a que a incidencia se produciu "no tramo de vía única entre a estación de Ourense e Taboadela, onde está o cambiador, un punto sensible en que se producen moitos incidentes ou problemas debido ao cambio de ancho da vía".

Camiño de ferro, vía de tren. ADIF - Arquivo
Camiño de ferro, vía de tren. ADIF - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta