A mellora do tempo promete un mes de agosto con maior ocupación que o de xullo, no que o sector "salvou os mobles"

Aínda que as temperaturas suaves de Galicia están a ser unha vantaxe competitiva á hora de recibir turismo, o sol e a praia mandan no verán e os 18 días de choiva do pasado mes de xullo pasaron factura a un sector que agora encara un mes de agosto con previsións de ocupación do 90 %.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2024 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Aínda que as temperaturas suaves de Galicia están a ser unha vantaxe competitiva á hora de recibir turismo, o sol e a praia mandan no verán e os 18 días de choiva do pasado mes de xullo pasaron factura no sector, que "salvou os mobles" e que encara agora un agosto con mellores cifras motivadas pola calor e a previsión de que esta ponte poida alcanzarse entre un 90 e un 95 % de ocupación. Así o explicou, nunha entrevista concedida a Europa Press, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que confiou en que as cifras globais deste mes de agosto acaben na contorna do 80 a 85 % de ocupación.

"No mes de xuño salváronse os mobles, por así dicilo", dixo Pardal, que, sen esconder que o mal tempo afectou a algunhas reservas, aplaudiu "a boa ocupación" alcanzase se se ten en conta os "18 días de choiva" que trouxo o sétimo mes de 2024. No conxunto de Galicia houbo unha media do 70 % de ocupación, con mellores datos en áreas máis turísticas, como Sanxenxo, que alcanzou o 73 %.

Agosto, pola súa banda, chegou con sol e calor e está "a funcionar moi ben", dixo Cesáreo Pardal, que avanzou que podería acabar cunha ocupación media da contorna do 80 a 85 %, e alcanzar do 90 ao 95 % durante esta ponte. "Se en xullo tivésemos este tempo, fosen mellores datos", admitiu o responsable do Clúster, lembrando que nesta época, sobre todo para o turista nacional, o punto forte é o turismo de costa e de praia.

CLIMA, PREZOS E CALIDADE

Non entanto, Cesáreo Pardal subliñou a "moi boa resposta" que ten o turista que visita Galicia no verán, movido "pola forma de ser dos galegos" e a súa hospitalidade, as paisaxes, o clima máis suave que no mediterráneo, e, tamén, "os prezos e a calidade" dos produtos que aquí se atopan. As "primeiras áreas que se ocupan" son as clásicas, o litoral, tanto Rías Baixas como A Mariña, Costa da Morte, O Salnés e O Morrazo, que está "a ter moitísimo tirón". Tamén a Ribeira Sacra está a ter "moi bos datos este verán", así como o turismo rural de interior.

Varias persoas báñanse e toman o sol na praia de Samil, en Vigo
Varias persoas báñanse e toman o sol na praia de Samil, en Vigo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta