Treboada, torboada, torbón, trebón, tromba...? Dende o Galicia Confidencial falamos coa catedrática de Filoloxía na USC Elvira Fidalgo, autora dun estudo sobre o léxico existente na nosa terra para designar a choiva, que se amosa convencida de que, ante estes fenómenos, "algunhas das palabras que xa había e que non empregabamos tan frecuentemente porque non as necesitabamos, agora vanse usar máis".